Castañas con chourizo

Ingredientes

1 quilo de castañas secas
150 grs. de xudías brancas
3 cebolas medianas
3 chourizos
1 cucharada de azucre
Aceite de oliva
Sal

Preparación

Pór o día anterior as xudías e as castañas a remollo.

Pór unha cazuela ao lume con auga, botar as castañas, o azucre, as cebolas cortadas peladas e cortadas en juliana, as xudías e un pouco de sal. Deixar cocer a lume lento ata que as castañas estean ben tenras.

Tomar unhas cantas castañas cocidas, machucalas ben e engadir este puré á cazuela.

Pór unha tixola ao lume cun chorrito de aceite e fritir os chourizos. Cando estean fritidos, cortalos pola metade e botalos na cazuela co resto dos ingredientes.

Deixar ferver, a lume lento, ata que todo estea no seu punto.

Comentarios