Cata antolóxica de Pazo de Señorans en Monvínic

pa fuera.jpg
photo_camera pa fuera.jpg

Marisol Bo, propietaria de Pazo de Señorans e presidenta da DO Rías Baixas durante máis de vinte anos, foi invitada a dirixir onte en Monvínic -o establecemento barcelonés dedicado á difusión da cultura do viño-, unha cata vertical de Pazo de Señorans Selección de Anada, un dos albariños máis extraordinarios de España. Na cata, dirixida en exclusiva a 22 persoas, puidéronse probar sete anadas de Pazo de Señorans Selección de Anada, desde a de 1997 ata a do 2004. Catáronse tamén o Albariño Pazo de Señorans das anadas 2003, 2007 e 2008, e catouse en primicia o novo viño da adega, Sol de Señorans, que sairá proximamente ao mercado.

Na cata Marisol Bo mostrou a grandeza e a longa vida das súas albariños, quedou claro que os viños aínda se engrandecen co paso dos anos en botella. Unha auténtica cata maxistral onde se percibiron as diferenzas entre as sete anadas deste viño.

O Pazo de Señorans Selección de Anada é un albariño de Pago, para o que se seleccionan as uvas procedentes dunha parcela situada na parte alta da leira galega, cun chan arenoso que permite alcanzar unha excelente maduración da uva. é un viño que chega a un chanzo máis arriba no que a complexidade e sutileza refírese, especialmente redondo e maduro na boca.

Monvínic é tamén un wine bar, unha sala para catas e conferencias, un centro de documentación con todos os libros, revistas, guías e catálogos de poxas que son hoxe referencia ineludible no cosmos do viño, un club de ''Amigos de Monvínic'', e un espazo culinario baixo a batuta do chef Sergi de Meià, baseado no produto de gran calidade e un recetario tradicional, hábilmente posto ao día e, ante todo, amigo do viño.

Comentarios