viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

O ceo amplía os claros nun martes que pode deixar choiva no norte de Galicia

Mapas coas previsións para este martes. METEOGALICIA
Mapas coas previsións para este martes. METEOGALICIA

As previsións de Meteogalicia para este martes debuxan un mapa no que diminúen as nubes, que se resistirán máis no terzo norte. Alí, de feito, poden descargar choivas ocasionais.

Fronte ao aviso por precipitacións fortes na área mediterránea, Galicia irá quedando baixo a influencia das altas presións. En canto ás temperaturas, as mínimas non terán cambios ou experimentarán lixeiros descensos, e moveranse entre os 4 graos de Lugo e os 9 da Coruña. As máximas elevaranse algo e alcanzarán os 21 graos en Pontevedra e os 20 en Vigo e Ourense. 

O ceo amplía os claros nun martes que pode deixar choiva no norte...