Ceos despexados e chegada de choivas pola noite 

Este sábado espérase en Galicia unha xornada de transición na que se irá perdendo a influencia anticiclónica debido á chegada dunha fronte fría de cara á noite. Así, amencerá con ceo pouco nubrado ou despexado e co avance da tarde as nubes irán aumentando polo oeste. As choivas chegarán pola noite. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará do suroeste, moderado no interior e forte no litoral. 

Pola súa banda, as temperaturas continuarán sen cambios ou experimentarán lixeiros descensos as máximas na metade sur. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán ata os 22 graos en Vigo, mentres que os valores mínimos descenderán ata o un grao en Lugo. 

Comentarios