Chega a calor

Os ceos este mércores estarán en xeral en Galicia pouco nubrados ou despexados, con algunhas nubes de estancamento nas comarcas cantábricas, algo máis compactas ao principio e ao final da xornada. 

Isto é así porque Meteogalicia prevé que as altas presións localizadas sobre Azores entrarán durante a xornada do mércores en forma de cuña sobre a Península Ibérica, achegando a estabilidade. 

As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, polo que a madrugada será aínda fresca, pero as máximas ascenderán de forma lixeira a moderada, con sensación de calor xa pola tarde. 

É máis, o servizo de Meteogalicia activou o aviso amarelo ante a chegada, este mércores dunha masa de aire cálido desde o norte de África que provocará un aumento significativo das temperaturas en puntos da metade sur da Comunidade galega. 

Así, activouse a alerta de nivel amarelo porque se esperan temperaturas máximas superiores aos 34 graos na zona do Miño na provincia de Pontevedra e superiores aos 36 graos na zona do Miño da provincia de Ourense, entre as 15 e as 21 horas.

En canto aos ventos, soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral. 

Comentarios