Chega o frío e trae neve

A xornada do sábado quedará marcada polo vento intenso do norte, que achegará aire frío e húmido. Con esta situación, espérase unha xornada de chuvascos, máis probables e intensos canto máis ao norte, onde poderán vir acompañados de tronos e aparello eléctrico. 

Segundo a información de Meteogalicia, os ventos soprarán fortes no litoral e moderados con refachos fortes no interior. As temperaturas descenderán, especialmente as máximas e a cota de neve situarase nos 1000-1200 metros durante o día e descenderá aos 700-800 metros pola noite. 

Por cidades, as temperaturas máximas oscilarán entre os 16 graos de Vigo e os 12 de Lugo e Santiago, mentres que as mínimas estarán entre os seis graos de Lugo e os 11 de Ferrol. 
 

Comentarios