A choiva dará unha efémera tregua durante o día e volverá caer con forza pola noite

Os termómetros oscilarán entre os 6 graos de mínima en Lugo e os 16 de máxima en Pontevedra
Una mujer se protege de la lluvia con un paraguas. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Unha muller protéxese da choiva cun paraugas. PEPE FERRÍN (AGN)

Mapa coa previsión de MeteogaliciaGalicia estará situada este mércores entre unha borrasca situada en Irlanda e o anticiclón dos Azores á espera da chegada dunha fronte fría cara á noite, de forma que os ceos estarán parcialmente nubrados con choivas débiles illadas e ocasionais durante o día. Pero a tregua será efémera e pola noite as precipitacións serán xeneralizadas e por momentos de forte intensidade, descendendo progresivamente a cota de neve.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso. Así, nas grandes urbes, Lugo rexistrará o valor máis baixo (8 graos), seguida de Ourense e Compostela (10º) e de Pontevedra (11º). En canto ás máximas, quedarán sen cambios significativos. A máis alta, 16 graos, alcanzarase na Boa Vila, Vigo e a cidade das Burgas, mentres que na capital lucense non se excederán os 13 graos.

PREVISIÓN. O xoves e o venres volverán estar pasados por auga e a previsión de Meteogalicia é que as choivas non dean descanso a curto prazo.

Comentarios