As choivas non cesan no norte de Galicia

Captura

Este xoves Galicia quedará nunha zona de transición entre o anticiclón situado ao oeste e a borrasca centrada no Mediterráneo. Isto deixará un réxime de ventos de compoñente norte, con ceo nubrado e choivas máis probables na metade norte. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará do norte, frouxo en xeral. Pola súa banda, as temperaturas non terán cambios ou experimentarán lixeiros ascensos. 

Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán ata os 15 graos en Vigo e Pontevedra, mentres que os valores mínimos descenderán ata os oito graos en Lugo. 

Comentarios