As choivas volven pola noite

Este sábado será un día de transición á espera da chegada dunha fronte polo terzo norte cara ao final do día. Así, o ceo estará pouco nubrado en xeral, con nubes de tipo alto e bancos de néboa matinais. 

Pola noite o ceo estará cuberto con choivas que empezarán polo noroeste e irán chegando a toda a comunidade durante a madrugada do domingo. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento empezará o día frouxo de dirección variable para quedar de compoñente oeste pola noite, con refachos fortes no litoral norte. 

Pola súa banda, as temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros descensos das mínimas. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán ata os 14 graos en Vigo, Ourense e Pontevedra, mentres que os valores mínimos descenderán ata un grao en Lugo. 

Comentarios