Cinco persoas detidas en Ourense por roubar cabezas de gando

Dous deles son naturais do país luso e os outros tres teñen domicilio en Xinzo de Limia

A Garda Civil de Ourense detivo, en colaboración coa policía portuguesa, a cinco persoas, dúas delas naturais do país luso, con domicilio en Montealegre, e outros tres de nacionalidade española, con domicilio en Xinzo de Limia, como presuntos autores dun delito continuado de roubo con forza en explotacións gandeiras.

Segundo informou o Instituto Armado, os roubos foron cometidos en diferentes explotacións de gando situadas nos lugares de Morgade, Vilariño, Damil, Gudes e Cualedro, na zona de Xinzo de Limia, entre finais de 2012 e maio de 2013.

En total, foron subtraídas 112 cabezas de gando, valoradas en 128.000 euros.

A 'Operación Vitela' iniciouse tras recibir a primeira denuncia dun suposto roubo de gando , o 14 de decembro de 2012, nunha granxa de Morgade, da que levaron trece tenreiros, feito que fontes da investigación sinalaron que causou unha "gran alarma social" e preocupación entre os gandeiros e habitantes da zona.

Estas mesmas fontes destacaron que durante esta investigación, que se prolongou preto de tres anos, a colaboración entre a Garda Civil de Ourense e a policía portuguesa, a fin de facilitarse mutuamente o intercambio de información.

En total, no marco desta operación foron analizados máis de cinco mil crotales, base que se coloca na orella e sobre a que se anota o número de referencia do animal para a súa identificación rexistral, e tiveron lugar múltiples vixilancias e seguimentos en toda a zona afectada.

Solicitada toda a información, a Garda Civil detivo a cinco persoas, que cren que formaban parte dun grupo organizado, xa que cada un deles "tiña as súas tarefas perfectamente distribuídas". Desta forma, algúns detidos encargábanse de localizar as granxas e realizaban vixilancias mentres o resto procedían ao roubo e transporte cara a Portugal.

Na operación incautouse o vehículo que era utilizado para o traslado das reses.

Neste momento, a Garda Civil non dá por pechada a investigación e mantén aberto o operativo. 

Comentarios