Cipreses branco 2008

Zona DO: Ribeira Sacra, subzona de Chantada. Colleita: 2008. Uvas: Treixadura e albariño. Maridaxe: Parrillada de lagostinos con vieiras e espárragos. Grao: 12% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 10-11º C

Seguimos o curso do río Asma cando abandona Chantada seguindo a estrada con dirección a Monforte de Lemos. O que nos atopamos logo dunhas cantas curvas é a marabillosa paisaxe das ribeiras de Sanfiz.

Divisamos de lonxe dous vellos cipreses. Ao achegarnos, descubrimos que estas árbores, que simbolizan a unión entre o ceo e a terra, custodian desde fai máis de tres séculos unha antiga adega. é posible que esta antiga construción pertencese a Roimil, un pobo desa mesma ladeira que se dedicaba á produción de viños moi valorados, ademais da a pesca e ao cultivo de hortalizas.

Na actualidade, esta adega elabora dous viños, un mencía e un curioso branco plurivarietal que conta cun 60 por cento de treixadura e un 40 por cento de albariño, cando o normal na zona é o godello.

Amarelo

Cor amarela pálido con reflexos verdosos, limpos e moi brillantes. Moi aromático, con recordos florais e a froitas tropicais, desenvolvendo aromas complexos e exquisitos. Moi fresco en boca, equilibrado en corpo e acidez, saboroso e moi persistente.

Comentarios