A fin de semana gastrocultural de Bueu mira o mar

O pasado día domingo, 14 de setembro, celebrouse en Bueu a última xornada do da 2ª Ruta de Tapas Mariñeiras.

A localidade pontevedresa deu por concluídas así as súas xornadas gastroculturais sobre o mar, celebradas desde o xoves 11, nas que se ofertaron gran cantidade de tapas baseadas en produtos mariñeiros e con técnicas, ingredientes e formas especiais que os clientes tiveron que valorar logo de comelas.

O fin de ruta contou con foliadas, a actuación de Sessión Vermú por diferentes establecementos da zona desde a tarde do sábado e actividades ao aire libre, como unha saída guiada polo Sendeiro Litoral da vila morracense con saída desde a praia de Portomaior ata Cabo Udra.

Concluíu, ademais, o prazo de presentación de imaxes para o concurso de fotografía de temática mariñeira que se organizou con motivo da cita e no que finalmente participaron máis de medio centenar de imaxes nas que Bueu e o seu porto eran os principais protagonistas.

As fotos participantes poderanse votar a través dun xestor informático ancorado en www.tapeandoenbueu.com  desde este mércores ata o día 23 de setembro, e as 25 mellores serán expostas na sala Amalia Domínguez Búa da localidade durante a primeira semana de outubro.

Nos próximos días, a Concellería de Cultura de Bueu ofrecerá la información correspondente campaña de novas actividades que se van a desenvolver nos meses de setembro, outubro e principios de novembro.
 

Comentarios