Comeza a XX Festa da Ostra en Sanxenxo

Durante as xornadas do 12, 13 e 14 de agosto terá lugar na Lanzada, en Sanxenxo, a Festa da Ostra, na que os asistentes poderán disfrutar de degustacións deste producto aínda que tamén doutros platos típicos da zona.

O prezo da ducia de ostras será de 8 euros, mentres que para o outro gran reclamo da festa gastronómica, o pulpo, será de 9 euros por ración.

O evento gastronómico ven acompañado pola actuación do grupo de gaitas e danza 'Airiños da Lanzada' e 'Os cruceiros'.

Comentarios