Comilonum de Lugo

Data: 22 de xuño de 2008.

Lugar: Lugo.

Produto exaltado: Varios.

Comentario: Máis que unha festa en si mesma, é unha actividade dentro do programa de festexos do 'Arde Lucus', unha celebración que rememora a orixe romana da cidade. No Comilonum milleiros de persoas degustan diferentes pratos en mesas situadas ao aire libre, normalmente na Ronda da Muralla. Este evento púxose en marcha no ano 2000 para conmemorar a declaración da muralla romana de Lugo como Patrimonio da Humanidade.

Comentarios