Compostela acolle o Fórum Gastronómico en febreiro

Santiago de Compostela acollerá entre os días 20 e 24 de febreiro o Fórum Gastronómico 2010 no que participarán recoñecidos cociñeiros tanto internacionais como estatais e galegos. Entre eles estará Ferrán Adriá, considerado o mellor cociñeiro do mundo, estará presente no primeiro día do congreso profesional, o luns 22. Tal evento terá lugar no Recinto Feiral de Amio.

Ademais de Adriá, galardoado con tres estrelas Michelín, virán outros profesionais posuidores da máxima distinción da famosa Guía. Os irmáns Roca, do recentemente distinguido  Celler de Can Roca (Xirona, Cataluña), protagonizarán sendas sesións, Joan un taller onde mostrará o seu bo facer nos fogóns e Josep nun taller do Fórum Viño.

Aínda que o Fórum comeza o sábado na cidade, será de luns a mércores cando terá lugar o Congreso profesional no Recinto Feiral de Amio.

Doces, viño, carnes...
Así, o luns estarán presentes no chamado Foro Doce o mestre chocolateiro Ramon Morató e Jordi Butrón, creador do primeiro restaurante de sobremesas, Espai Sucre; Ernst Knam, modisto milanés de alta costura doce, e o danés Jakob Mielcke. Ademais, a cociña galega moderna estará representada por Pedro Roca e o especialista en vacún Flavio Morganti.

O martes deixa paso ao Fórum Viño onde, ademais do catador Josep Roca, ofrecerán sesións o especialista en Viños de Xeréz Jesús Barquín, os irmáns Xoán e Xosé Cannas, do Grupo Nove, que nos sorprenderán coa fusión de cociña e viño, e o especialista Antonio Portela.

Esta xornada continuará coas sesións de Marcelo Tejedor e Héctor López. Terá presenza o martes a cociña asturiana da man de Jose Antonio Campoviejo E Marcos e Pedro Morán. O francés Nicolás Magie mostrará como se cocian a lamprea fóra de Galicia, mentres que o dia tamén estará presente a xornalista gastronómica Alice Feiring.

O mércores abrirase cunha sesión na que Jean Marie Baudic e Pepe Solla unirán a cociña atlántica de Bretña e Galicia. Este será o día máis internacional do Fórum, no que se poderán conecer aos representantes da vangarda das cociñas xaponesa, portuguesa ou escandinava.

Comentarios