Congreso Mundial do Xamón en Lugo

A sexta edición do Congreso do Xamón terá lugar durante os días 20, 21, 22 e 23 en Lugo. 

No programa previsto para este evento levarán a cabo diversas conferencias, así como distintos encontros gastronómicos en relación con este produto típico. Así, para o día 20, terá lugar a entrega de premios e unha cea de recepción con todos os participantes ao evento, onde poderán probar os produtos da comarca da Terra Chá.

Para o día 21, terán lugar distintas conferencias relacionadas con este sector alimenticio e tamén haberá unha degustación de xamóns.

Xa para o 22, outra conferencia sobre o xamón e sobre a seguridade alimentaria, entre outras temáticas. Para finalizar a xornada, oficiarase unha cea oficial ás 22.00 horas.

Para finalizar, o 23, desenvolveranse diversas sesións sobre nutrición e saúde, sobre o consumo do xamón, tanto a nivel internacional como nacional. E, para clausurar o concurso, realizarase unha comida e unha visita a Novafrigsa, do Grupo Coren.



Comentarios