Convenio de Colaboración da Asociación Hostalería Compostela con DescubreGalicia.com

O xoves 09 de Xullo ás 10:00 Horas na sede da asociación, realizouse a firma do convenio de www.descubregalicia.com e da Asociaci ó n HosteleríaCompostela.

Este convenio ten por obxectivo o poder visitar virtualmente os establecementos asociados, que gozarán dunhas condicións especiais.

Descubregalicia.com é a plataforma multimedia interactiva de Galicia, a través da cal permite realizar unha viaxe virtual en 360º por Santiago de Compostela e todos os lugares máis representativos de Galicia, ademais, podemos gozar de diferentes documentais que están reunidos nunha televisió n á carta.

Esta ferramenta de Viaxe Virtual ofrece visitar cidades, explorando as súas rúas, as súas prazas, as súas praias, os seus portos, os lugares máis representativos e permitindo analizar a mellor oferta turística e comercial, en canto a hoteis, SPA, apartamentos, casas de turismo rural, cámping, restaurantes, feiras, eventos, comercios, etc...

A gran vantaxe desta tecnoloxía é que nos permite maximizar a produtividade, captar novos clientes e fidelizar os que xa temos. é un
potenciador da chamado ''boca a oído'' e o mellor xeito de vender a nosa terra e as nosas empresas.

Descubregalicia.com foi valorada no Ciber País como unha plataforma econó mico-turística e do patrimonio á vangarda nacional.

Comentarios