Ourense cócese a 42 graos

A máxima de Galicia rexistrouse en Leiro
Una mujer trata de combatir el calor
photo_camera Una mujer trata de combatir el calor

A dez días de rematar o mes de agosto, Galicia vive un dos días máis calorosos do verán. Ourense é a provincia máis afectada pola sufocante calor, que deixou temperaturas máxims de 42 graos en Leiro este luns.

Toda a provincia ourensá rexistrou máximas por encima dos 34 graos  —agás Cabeza de Manzaneda, que non superou os 26— e, ademais de en Leiro, en Vilamartín de Valdeorras e en Arnoia superaron a barreira dos 40.

Os termómetros tamén marcaron temperaturas extremas no sur de Lugo, como os 41,4 graos rexistrados en Pantón ou os 40,6 de Ribas de Sil.

PREVISIÓN. Este martes Galicia queda nunha zona de transición entre o anticiclón situado en centroeuropa e as baixas presións centradas ao oeste de Irlanda, o que deixará un réxime de ventos do oeste que suavizará as temperaturas e achegará humidade a toda a franxa atlántica. Así, espérase que o ceo quede pouco nubrado ou despexado, coa posibilidade de formación de nubes de evolución pola tarde no interior e zonas altas. 

Polo seu lado, as temperaturas experimentarán un descenso, máis acusado nas máximas, excepto na Mariña, onde ascenderán lixeiramente.

Comentarios