A Xunta dará 70.000 cheques de axuda para material escolar

Serán de entre 40 e 50 euros e estarán destinados para alumnos de familias "con ingresos moderados"
El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dutante la sesión de control
photo_camera El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dutante la sesión de control

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na mañá deste martes no Parlamento a posta en marcha dunha liña de axudas para a adquisición de material escolar da que se poderán beneficiar entre 60.000 e 70.000 alumnos de familias con ingresos "moderados".

Durante a sesión de control e en resposta aos portavoces de PSdeG e Age, que cuestionaron o novo sistema de préstamo de libros de texto do Executivo galego, Feijóo adiantou esta medida na que traballa a Xunta, "que nunca se fixo en Galicia" e que en principio se articularía en forma de cheque de entre 40 e 50 euros para a compra de material para o estudo.

"Ser capaces de redistribuír as rendas e ser capaces de comprar material escolar para lestes alumnos de familias con ingresos moderados, vos galegos con menos recursos saberán que teñen un aliado" na Xunta, apuntou o presidente galego para pechar a súa intervención. O Parlamento agrupou este luns as preguntas de socialistas e Alternativa Galega de Esquerda ao abordar a mesma cuestión, que se centrou no polémico banco de libros de texto que aplicará Educación no próximo curso e en contra do cal xa se manifestaron algunhas Anpas. José Luis Méndez Romeu e Yolanda Díaz esixiron a Feijóo volver ao antigo sistema de préstamo universal e gratuíto impulsado polo bipartito por ser "máis equitativo".

Tanto Díaz como Méndez Romeu coincidiron en criticar os "recortes" e as políticas "contra a educación pública" do PP e reprocharon que o sistema posto en marcha polo PP é "máis caro" e chega a "menos alumnos" que o sistema de préstamo universal.

Con todo, o líder do PPdeG exhibiu o seu argumento habitual de que a Administración non ten por que custear os libros das familias que si teñen recursos económicos en detrimento de as máis necesitadas, polo que defendeu o sistema "combinado" que propón o seu Executivo, que inclúe axudas á compra de libros e o banco de préstamo. Tamén presumiu Feijóo dos datos de melloría das cifras de fracaso escolar en Galicia desde a súa chegada ao Goberno e citando o informe Pisade a OCDE situou a Galicia e o País Vasco á cabeza da "equidade educativa" a nivel mundial, só por detrás de México.

Comentarios