Un condutor dá positivo en alcol tras chocar contra un coche e un colector en Lugo

O accidente produciuse na Avenida de Ramón Ferreiro
Avenida de Ramón Ferreiro
photo_camera Avenida de Ramón Ferreiro

Un condutor deu positivo na proba de alcoholemia logo de protagonizar un accidente á primeira hora da mañá deste sábado na Avenida de Ramón Ferreiro de Lugo, segundo informou o Concello.

Esta persoa perdeu o control do vehículo que manexaba cando circulaba dirección á Praza do Rei. O turismo acabou impactando contra un coche que estaba estacionado e contra un colector de residuos, que, a consecuencia do golpe, acabou impactando contra o caixeiro automático dunha entidade bancaria.

Os axentes desprazados ao lugar realizaron a proba de alcoholemia ao condutor, que arroxou un resultado positivo. Esta persoa enfróntase a unha sanción económica de 1.000 euros e á detracción de seis puntos do seu carné de conducir.

Comentarios