Un incendio en Monterrei obriga a cortar un carril da A-52 e deixa sen luz a Verín

O punto afectado sitúase entre o quilómetro 171,5 e o 169 ► O lume xa leva arrasadas máis de 20 hectáreas
Vista del incendio de Guimarei
photo_camera Vista del incendio de Guimarei

Guimarei (Monterrei) enfróntase a un incendio forestal que xa supera as 20 héctareas afectadas, segundo informa a Consellería de Medio Rural. Pola proximidade do lume á Autovía das Rías Baixas, a A-52, foi necesario cortar o carril en sentido Benavente pola falta de visibilad.

O punto afectado sitúase entre o quilómetro 171,5 e o 169, segundo recolle a TVG. O incendio, segundo as últimas informacións, deixou a Verín sen luz.

Durante esta xornada de martes, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez sinalou que nas últimas horas en Galicia producíronse máis de 50 incendios. 

"Non hai dúbida de que onte (polo luns) os incendios foron máis que intencionados", sentenciou a conselleira, que fai fincapé en que un total de 19 lumes producíronse a partir das 21.30 horas, "o que "supón que o operativo aéreo xa non funciona". Así mesmo, sinala que en Gondomar tiveron lugar "varios focos a unha distancia de 200 metros cada un deles".  Neste sentido, a conselleira de Medio Rural remarca que "a realidade é que un día máis houbo un atentado contra os galegos", o medio rural e "contra o operativo". 

Así, explica que se viviron situacións de "moita tensión" debido ás altas temperaturas e ao vento, con incendios "por toda Galicia". A isto súmase que Portugal pedía reforzos "alén do Miño".

ESPERA DETENCIÓNS "EN BREVE". 
Sobre a elevada actividade incendiaria deste ano, Ángeles Vázquez refírese casos como o de Agolada, onde hai de forma reiterada "entre catro e cinco focos", e sinala que en municipios como Pantón, Portomarín e Cervantes "ocorre máis do mesmo". A continuación, reflexiona sobre que "son lugares moi concretos onde día tras día prodúcense focos, e iso produce un desgaste para a xente que está en tensión e o operativo". 

Con todo, espera "máis detencións en breve" tras as producidas nos últimos días. "Ten que haber algunha detención, non cabe ningunha dúbida", sostén.

Comentarios