lunes. 18.11.2019 |
El tiempo
lunes. 18.11.2019
El tiempo

A Coruña convértese en anfitrioa do primeiro Campionato Galego de Tiraxe de Cañas

Estrela Galicia presentou o primeiro Campionato Galego de Tiraxe de Cañas, que se celebrará o próximo 24 de febreiro no Fórum Gastronómico Coruña'14 con mil euros en premios e un agasallo para os finalistas do seu peso en cervexa.

A marca cervexeira fará un torneo co obxectivo de promover a cultura cervexeira e recoñecer o labor dos baristas galegos como un chanzo fundamental na cadea de distribución. "A profesionalidade no servizo dos establecementos hostaleiros é fundamental para ofertar aos consumidores finais todas as posibilidades que ofrece a gama de produtos de Estrella Galicia", indica a empresa nun comunicado.

O xurado valorará a actividade de cada participante puntuando, en base a uns parámetros previamente establecidos, o estilo, técnica e forma de tirar a cervexa, o acabado, cremosidade da escuma e limpeza, así como a presentación e a exposición sobre as características do produto e o seu servizo.

Tras dúas fases eliminatorias, na final elixirase o campión e o subcampión do campionato, que recibirán unha dotación económica de seiscentos e catrocentos euros, respectivamente.

Ademais, os tres seguintes clasificados recibirán un accésit e todos os finalistas levarán, ademais do seu diploma acreditativo, o premio do seu peso en cervexa.

A Coruña convértese en anfitrioa do primeiro Campionato Galego de...
Comentarios