Cremas

Falando de cremas, teñen fama as de cogumelos e as de espárragos, pero tamén a de marisco.

Ingredientes

  • Oito lagostinos.
  • Oito gambas.
  • 150 gramos de fariña.
  • Pemento doce.
  • Allo.
  • Aceite.
  • Loureiro.
  • Unha cabeza de rape.
  • Sal.


Elaboración

Nunha pota, pomos a cocer a cabeza de rape coas colas de lagostinos, as gambas e o loureiro. Cando estea todo ben feito, pasamos a auga por un chinés e reservámola.
Nunha pota aparte, botamos un cuarto de litro de aceite, dous allos e as cabezas dos lagostinos e gambas. Removemos ben para que solten o mollo. Unha vez estean douradas as cabezas dos crustáceos, engadimos 150 gramos de fariña e removemos. Apagamos o lume e botamos unha cucharada sopera de pemento doce.

Encima desta salsa vertemos o caldo de peixe e trituramos coa batidora e, posteriormente, pasámolo todo polo chinés e salgamos ao gusto.

Comentarios