Croquetas

  • Un litro de leite
  • 300 gramos de manteiga
  • 300 gramos de fariña
  • 100 gramos de queixo de San Simón
  • 100 gramos de queixo da Ulloa
  • 150 gramos de queixo do Cebreiro
  • Pementa branca
  • Noz moscada moída
  • Sal
  • Ovo
  • Pan rallado tamizado
  • Aceite

Elaboración
Diluímos a manteiga, engadímoslle a fariña e mesturámolo todo ben. Pomos a ferver o leite reservando unha pouca. Engádese a mestura ao leite batendo todo enerxicamente.

Nun recipiente aparte, mestúrase o leite reservado cos queixos, férvese e, cando a salsa estea cremosa, engádese todo ao anterior.

Cocemos durante quince minutos sen deixar de remover, o sazonamos coa pementa, a noz moscada e buscamos o punto de sal.

Cocemos de novo outros cinco minutos, revolvendo continuamente.

Unha vez a pasta estea fría, fanse unhas bolitas e pásanse por fariña, ovo e pan rallado.
A continuación, frítense nun aceite ben quente.

Comentarios