Degustación de orella de porco en Lousame

Os veciños do lugar de Servia, no Concello coruñés de Lousame, celebrarán durante a xornada do sábado unha homenaxe ao padal.  

De modo gratuíto, os visitantes poderán degustar orella de porco e mexillóns, elaborados na súa forma máis tradicional e acompañados dunha sobremesa regada con queimada galega.

A nota musical do encontro virá da man de Pedra Quente e Nova Harmonía, que comezarán a súa actuación pola noite.

Comentarios