Detidas dúas mozas de 24 e 25 anos por agredir a unha terceira en Ourense

Por mor dos golpes, a vítima sufriu un racho no lóbulo da orella dereita, tendo que recibir dous puntos de sutura

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a dúas mulleres como presuntas autoras dun delito de lesións no centro da cidade, tras agredir a unha terceira persoa de madrugada nas proximidades dunha discoteca da cidade. Por mor dos golpes, a vítima sufriu un racho no lóbulo da orella dereita, tendo que recibir dous puntos de sutura.

Segundo informó a comisaría provincial, os feitos rexistráronse o pasado 20 de agosto cando unha moza denunciou que fora vítima dunha agresión nas proximidades dunha discoteca da cidade, sobre as 7.30 horas da mañá. Na súa denuncia, a muller relatou que dúas mozas ás que coñecía de vista, sen motivo aparente, a suxeitaron polos brazos mentres unha delas lle propinaba puñadas na cara.

Por mor destes feitos, axentes do grupo de delincuencia especializada iniciaron unha investigación que se saldou con dúas mozas detidas, ambas veciñas de Ourense, por un delito de lesións.

Comentarios