Un detido en Maside por dez roubos en vehículos de repartición de mercancías

Aproveitaba o "descoido" dos traballadores cando ían deixar as mercancías

Axentes da Garda Civil detiveron na localidade ourensá de San Fiz de Maside a un home, de 39 anos, acusado de dez furtos en vehículos de repartición de mercancía. Segundo informaron fontes do instituto armado, a detención tivo lugar este xoves, ás 12.00 horas. As dilixencias foron trasladadas ao xulgado número 1 de Carballiño.

As mesmas fontes explicaron que o detido está acusado de dez furtos de carteiras e outros efectos acodes no interior de vehículos de repartición. Así, aproveitaba o "descoido" dos repartidores cando ían deixar as mercancías.

Comentarios