Detidos dous coruñeses por un roubo en Asturias

Trátase de dous irmáns, de 26 e 28 anos, ambos os dous con numerosos antecedentes policiais

A Garda Civil detivo na localidade coruñesa de Carballo a dous irmáns como supostos autores do roubo no interior dun establecemento de Cadavedo, no concello asturiano de Valdés, do que levaron 1.400 euros da recadación unha máquina recreativa, así como tabaco valorado noutros 250 euros.

As pescudas e a inspección ocular realizada tras o roubo no establecemento, cometido o pasado mes de agosto, levaron aos axentes á localidade coruñesa, onde os axentes puideron "vincular de xeito fidedigno" aos dous irmáns, de 26 e 28 anos, ambos con numerosos antecedentes policiais, co roubo, informou a Garda Civil nun comunicado.

A Garda Civil remitiu as dilixencias instruídas ao Xulgado de Instrución 1 de Luarca.

Comentarios