Dúas adegas do D. O. Rías Baixas reciben premios na XI edición da cata concurso ''Viños brancos galegos''

O Pazo de Mugartegui acollerá mañá xoves, 13 de agosto, ás 11h. a entrega dos tres premios aos viños brancos galegos da XI edición da Cata-Concurso ”Viños Brancos Galegos”. Os premios recaeron en Paco & Lola, Rías Baixas Albariño 2007, da Cooperativa Vitivinícola Arousá do D.O. Rías Baixas; seguíronlle Santiago Roma-Selección, unhas Rías Baixas Albariño 2008 do D.O. Rías Baixas e en último lugar Viñaredo, un godello 2008, de Adegas Santa Marta do D.O. Valdeorras.

Trátase dun concurso anual que a Casa de Galicia en Bilbao organiza con motivo da XIII Feira de Galicia bilbaína o pasado 14 de xuño en devandita cidade. Nesta edición participaron un total de 32 viños, pertencentes ás 5 denominacións de orixe galegas. Foi unha cata cega con 6 catadores da Asociación de Euskadi de catadoras.

Ao acto de entrega dos galardóns, ademais de representantes das dúas adegas premiadas do D.O. Rías Baixas, asistirá o presidente da Casa de Galicia en Bilbao, José Antonio Branco, o seu vicepresidente, José David Fidalgo, e o presidente do D.O. Rías Baixas, José Ramón Meiriño.

Comentarios