Dúas persoas feridas nunha saía de vía en Arteixo

O vehículo botaba moito fume aínda que, finalmente, non chegou a arder

Dúas persoas resultaron feridas este mércores nun accidente de tráfico en Arteixo por mor dunha saída de vía.

O sinistro rexistrouse na parroquia de Morás, na estrada que une Arteixo e Mesoiro. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos minutos antes das13.00 horas, a través dunha chamada dun particular. Segundo informou, o vehículo sinistrado botaba moito fume, aínda que finalmente non chegou a arder. 

A central de urxencias alertou do accidente a Urxencias Médicas e os Bombeiros de Arteixo. Tamén informou a Protección Civil e á Policía Local.

Comentarios