Deteñen dous homes en Boiro por roubar 660 quilos de chumbo 'de pesca'

Sen valorar os danos, o material subtraído alcanzaría os 1.100 euros ► Os ladróns, M.C.S. e F.C.C., tiñan 65 e 29 anos respectivamente

A Garda Civil detivo en Boiro dous homes de iniciais M.C.S e F.C.C. como presuntos autores dun delito de roubo con forza. Os ladróns, de 65 e 29 anos respectivamente, terían subtraído 660 quilos de chumbo o pasado 11 de agosto.

A investigación empezou a partir daquel momento, cando o representante da empresa denunciou a intrusión no interior da súa fábrica para roubar o chumbo "do denominado de pesca", segundo explica a Benemérita.

Tras as xestións realizadas para localizar o material subtraído, a Garda Civil puido recuperar unha parte en chatarrerías próximas á zona.

En relación a este caso, non se descartan máis detencións de persoas implicadas nos feitos. Sen valorar os danos, o material subtraído alcanzaría os 1.100 euros.

Comentarios