Eduardo Bravo súmase á venda 'on line'

Viñedos de Eduardo Bravo
photo_camera Viñedos de Eduardo Bravo

Os viños de Eduardo Bravo poderán adquirirse en breve a través de internet. Os responsables desta adega do Ribeiro están a adaptar a súa páxina web para facer posible a venda on line.

Eduardo Bravo, elaborado coas uvas cultivadas no Paraxe de Flor de Vides. Realízanse controis de maduración das distintas variedades (treixadura,albariño e torrontés) tendo en conta o equilibrio entre grao probable e acidez.

Vendímase manualmente en caixas que permiten unha boa aireación dos acios seleccionados, ferméntase cun pé de cuba a temperatura controlada en depósitos de aceiro inoxidable, realízase un batonaxe coa lia fina e dáselle unha crianza de 8 meses nos depósitos.

O viño faise desde a viña e na adega inténtase conservar sen alterar as calidades propias das uvas, para obter un viño que sexa reflexo da terra, os seus minerais e as variedades autóctonas.

Este viño foi clarificado de xeito tradicional a base de tempo e trasiegas por iso pode conter decantacións cristalinas inócuas que non alteran a calidade do viño.

A adega Pazo de Lalón
O pazo de Lalón atópase na ladeira sur de Gomariz e consta de 8 Hectareas de superficie. Antigamente pertenceu á familia Ulloa, e aínda conserva nos seus muros o escudo, marca dos seus nobres propietarios.

Foi adquirido en 1980 por José González Álvarez, quen, co asesoramento da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, recuperou para os seus ancestrais viñedos as variedades autóctonas (Treixadura principalmente).

Eduardo Bravo

Premios
Acio de Prata Cata de Viños de Galicia 2007
   
Folla de Cata
Temperatura de servizo 12 graos.
De cor amarela brillante con reflexos verdosos.
En nariz é intenso floral e afrutado- mazás, rosas e notas cítricas a pomelo. En boca é cálido, untuoso e envolvente - froita branca, madura e lixeiramente aceda .

Pazo de Lalón
Fermentación natural realizada con fermentos autóctonos en depósitos de aceiro inoxidable a temperatura controlada, que resalta todo o potencial aromático destas minoritarias variedades.

Premios

Acio de Ouro Cata de Viños de Galicia 2006
Segundo premio Feira do Viño do Ribeiro 2001
Terceiro premio Feira do Viño do Ribeiro 2002
   
Folla de Cata
Temperatura de servizo 12 graos.
Dourado, limpo, brillante.
En nariz é intenso, froita branca, madura, toques exóticos e algo especiados de hollejo. Aroma inconfundible mestura das súas variedades. En boca é fresco, fructuoso, rico en matices varietais.

Comentarios