aís interesouse polo D. O. Ribeiro

O Consello Regulador Denominación de Orixe recibe a visita da directora e subdirector da prestixiosa guía anual de viños do País, para que poidan coñecer en primeira persoa os viñedos, instalacións das adegas e todo o que contribúe e fai posible a elaboración de viños de excelente calidade.

Os expertos Pilar Molestina e Javier Roda visitaron onte as adegas Produccións A modiño, María Álvarez Serrano, Viña Meín Vilerma e Javier González Vázquez.

Ao longo do día de hoxe, percorrerán as adegas de Pazo Casanova, Eduardo Rodríguez e Luís Cánovas, Antonio Cajide Gulín,  Vitivinícola de Ribeiro e Manuel Vermello.

Foi nestas localizacións onde os invitados puideron probar viños descoñecidos ata entón para eles.

Cata de viños

Finalmente, e para concluír a visita, mañá terá lugar en mosteiro de San Clodio unha cata de nada menos que de 73 viños, a maioría deles brancos, aínda que tamén haberá algún tinto e un tostado polo medio. Deste xeito preténdese que se capte mellor a esencia e o espírito dos viños D. O. Ribeiro

Comentarios