O bonito, en catorce pratos distintos

Os catorce restaurantes do Grupo Galicia Gourmand promocionarán o bonito coa distribución de 13.000 recetarios que presentan 14 formas de preparar este peixe.

O recetario, co título de Faino bonito, foi presentado nun acto que presidiu o director xeral de Competitividade e Innovación, Juan Maneiro, informou a Xunta nun comunicado.

Maneiro explicou que, a través deste recetario incídese na excelencia, características e calidades de garantía do bonito do norte e danse a coñecer as múltiples posibilidades culinarias do túnido, "máis aló das preparacións tradicionais".

Así, nel recóllense pratos como o pastel de bonito, hamburguesa de bonito con ovo cremoso de Arzúa Ulloa, o carpaccio de bonito ao aceite de anchoas ou o tomate recheo de bonito con alioli.

Tras sinalar que este produto non teñen nada que ver coa recomendación da AESAN sobre o atún vermello e o peixe espada, o director xeral informou de que se puxo en contacto co Ministerio para que se realicen as "aclaracións pertinentes" sobre o fondo desta recomendación".

Juan Maneiro considera que é preciso "determinar as mellores accións posibles para salvagardar a saúde pública yu evitar unha posible alarma inxustificada entre os consumidores, o sector marítimo-pesqueiro e a súa cadea de transformación e comercialización".

Comentarios