O Carlos Oroza serve fabada cun toque pontevedrés no Príncipe de Asturias

Los alumnos de los dos ciclos de Servizos, este viernes en Oviedo. Fotos: DP
photo_camera Los alumnos de los dos ciclos de Servizos, este viernes en Oviedo. Fotos: DP

«Foi un despregamento impresionante, un trafego tremendo, pero ante todo, unha experiencia incrible». Estas son as palabras de emoción de Julio Villaverde, un dos estudantes do ciclo de Dirección de Cociña do CIFP Carlos Oroza que participaron onte no servizo buffet logo da entrega dos Premios Príncipe de Asturias en Oviedo.

«Estamos sorprendidos da responsabilidade, profesionalidade, o bo comportamento e o saber estar que demostraron todos os nosos alumnos. Déronnos unha lección», confesou o director do centro de hostalería pontevedrés, Manuel Hermo, unhas horas logo da celebración do evento.

Os mozos realizaron un «extraordinario» traballo polo que recibiron felicitacións por parte da empresa que xestiona o hotel Reconquista, lugar no que se celebrou a comida.

«Esta foi unha experiencia única para os estudantes, un evento no que hai poucas ocasións de estar», afirmou o secretario do CIFP Carlos Oroza, Juan Ferradás, quen engadiu que esta experiencia «gratificante» e «moi real» deixa tras de si «momentos de moito tensións e nos que parece que se che vai a caer o mundo encima».

A pesar diso, non tiveron ningún contratempo que lamentar. «Os momentos de ansiedade nun servizo de gran magnitude como este son normais. O importante é que os comensais non notaron nada», explicou Ferradás.

Os alumnos, ante todo, valoran o participar nun servizo a gran escala, unha experiencia que se valorará nos seus currículos.

MENÚ 

Os premiados, os reis e todas as autoridades asistentes á o acto gozaron, na súa maioría, de produtos típicos asturianos.

Nos entrantes figuraban queixos asturianos e xamón. Nos pratos principais, os alumnos pontevedreses serviron, entre outras cousas, fabada asturiana, tartar de salmón e brochetas de tenreira e, na sobremesa, arroz con leite e mini carbayones.

Os alumnos do ciclo de Dirección de Cociña, que foron convocados para este evento fai tan só unha semana, foron os encargados de elaborar algúns dos pratos que figuraban no menú do evento.

Aínda que parte dos alimentos xa estaban preparados, unha das tarefas dos mozos foi terminar e presentar algúns dos produtos antes de ser servidos.

CURIOSIDADES

Os mozos do Carlos Oroza tiveron a oportunidade de servir onte ao rei Felipe VI, á súa esposa, a raíña Letizia («moi guapa», comentaron algúns), a dona Sofía e aos patróns da fundación que entrega os Premios. Ademais, tamén estiveron cos premiados, entre os que se atopaba o debuxante Quino e o arquitecto estadounidense Frank Gehry.

Como ben sinalou o secretario do CIFP Carlos Oroza, o protocolo e a seguridade «inflúen moito» neste tipo de eventos. O xoves, nada máis chegar a Oviedo, os participantes tiveron que acreditarse e fotografarse, aínda que un dos detalles que máis lles chamou a atención aos alumnos foi a entrada ‘sorpresa' da Policía Científica mentres cociñaban. «Tomaron mostras da comida e probaron cada un dos pratos», declarou Ferradás.

Comentarios