O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro cualifica a anada 2008 como excelente

A anada 2008 é dunha calidade ''excelente'' segundo o Consello Regulador do D. O. Ribeiro na sesión do pleno que tivo lugar esta mañá na sede do Consello Regulador. O veredicto baséase nas catas realizadas periodicamente polo C. R. D. O.  A puntuación obtida pola colleita é a mellor nos últimos 11 anos.

Ademais, o presidente da C. R. D. O. Ribeiro, don Luís Anxo Rodríguez, informou aos asistentes de todos os datos referentes á XLVI Feira do viño do Ribeiro, que terá lugar os días 4 e 5 do presente mes, así como das actividades relacionadas con esta feira, talles como xornadas técnicas ou a visita de xornalistas especializados.

As xornadas técnicas celebraranse mañá no centro comarcal do Ribeiro, a partir das 19:00 horas, da man de Francisco Rego Martínez, xefe da sección de viticultura de EVEGA., Luís Domínguez Castro, profesor de Historia contemporánea na Universidade de Vigo, e de Juan Cacho Pombal, catedrático de química analítica na facultade de ciencias da Universidade de Zaragoza.

Para rematar, tamén informou das recientesuías de viños do País, Repsol e ABC. Tratando de conseguir que os representantes destas publicacións caten os viños do Ribeiro.

Comentarios