O consello regulador de denominación de orixe Ribeiro reliza unha cata no Ponteviño wine meeting

O Consello Regulador de Denominación de Orixe Ribeiro participará na segunda edición de Ponteviño 2009, realizando unha cata de viños de Ribeiro. Esta ten lugar hoxe luns no hotel vigués Pazo Os Escudos. O horario da cata será de 12.00 a 13.00.

Esta actividade, dedicada exclusivamente ao sector profesional, estará dirixida polo director técnico do C. R. D. O. Ribeiro Pablo Vidal que apunta que ''con esta actividade poderemos mostrar as características distintivas do noso Ribeiro''.

Ademais pola tarde terá lugar un workshop onde adegas de Denominación de Orixe Ribeiro uniranse co sector profesional do mundo do viño da provincia de Pontevedra para establecver contactos e compartir experiencias, coñecementos e inquietudes entre os integrantes.

Estas xornadas, organizadas pola Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra (FEPROHOS) e nas que colabora a Federación Galega de Catadoras (AGASU), tratan de reforzar a profesionalización do sector hostaleiro mediante accións formativas, a mellora na calidade dos profesionais, dos servizos e nas persoas responsables da difusión da cultura do viño. Ademais de tratar de sensibilizar á poboación das virtudes da cultura do viño.

Comentarios