O CRDO Rías Baixas participou na Feira Wine&Gourmet en Xapón

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas participou por primeira vez na Feira Wine & Gourmet, en Tokyo, Xapón, desde o 22 ao 24 de abril. Este Consello Regulador estivo presente con dezaseis adegas dentro da caseta do IGAPE. A última vez que este Consello Regulador participou nunha feira sectorial no país do sol nacente foi hai dous anos.
 
Paralelamente, este Consello Regulador organizou unha cea maridaxe nun restaurante xaponés de cociña moderna, que tivo lugar o pasado 23 de abril. Os vinte e dous profesionais, que asistiron a esta cita, degustaron seis viños de Rías Baixas con outros tantos pratos diferentes. Responsables do Consello Regulador realizaron unha breve introdución sobre esta denominación de orixe galega. Entre os participantes a devandita cea se encuentraban expertos en viños españois, xornalistas especializados, profesores de diferentes academias de catadoras, catadoras (entre eles o campión e subcampión do Concurso de Viño Español en Tokio 2005), e representantes da Embaixada Española.

Na actualidade, 25 adegas de Rías Baixas están a vender os seus viños ao mercado nipón, país asiático que máis incrementou as súas exportacións durante o exercicio 2008, con 35.000 litros, o que supuxo un crecemento do 8,48 %. Desde este Consello Regulador vese a Xapón como un mercado estable, no que os viños van crecendo de forma paulatina: ''neste mercado crecemos en valor desde 1997 e, tamén, en litros pois pasamos de 2.000 l.  en 1997 a 35.000 l. en 2008'' asegurou o secretario xerente do CRDO Rías Baixas, Ramón Huidobro. O mercado asiático rexistrou unhas exportacións de 46.058 litros no exercicio 2008.

Dentro das actividades de formación continua, que organiza este Consello Regulador, atópase o seminario sobre o ''Mercado do viño en Xapón. Oportunidades e Riscos para os viños españois'', que tivo lugar o pasado 30 de marzo no Pazo de Mugartegui. A devandita actividade asistiron 25 adegas interesadas no mercado nipón no que esta Denominación de Orixe  xa está introducida fai algo máis de 10 anos.

Comentarios