O Hotel Meliá Araguaney, cos seus restaurantes Caney, festexa o día das Letras Galegas cunha suxestiva oferta gastronómica

Durante os días 16, 17, e 18 de maio, o restaurante Caney ofrecerá o menú ''Dás letras galegas'', con ánimo de homenaxear ao escritor Ramón Piñeiro.

O menú ten un prezo de 20 euros e estará composto por Entrantes e Saudades da terra: empanada, mexillón, caldo e cachucha, seguido de xarda marinada con grelos salteados e sofrito, con recordo de mar. A continuación carne ó caldeiro, versión Caney 2009, como testemuña dos produtos típicos de nosa Terra. Para acabar, torta de Santiago acompañada dunha crema de queixo de Arzúa.

Ademais, por ser unha data significativa na nosa cultura, haberá un detalle especial invitando as persoas que estean de aniversario eses días, podéndoo festexar con cinco ou máis persoas. As 5 primeiras reservas de cada día gozarán ademais dun orixinal agasallo das Adegas Pazo do Mar.

Comentarios