Os galegos vistos por Jhon Barlow a través das receitas de porco

O autor do libro "Todo menos ou cuiñar" e a tradutora do inglés ao galego Bárbara Álvarez, presentaron en Ourense este primeiro libro de gastronomía e viaxes da recentemente creada editorial "Franouren".

O escritor está asentado na Coruña coa súa familia desde hai anos e alí concibiu a idea, tras publicar outros seis libros de relatos e novelas, de elaborar un libro de viaxes ao estilo dos que abundan en Francia como "Un ano en Provenza".

"Enseguida me decatei de que de Galicia, só coñecía A Coruña a pesar de levar aquí 20 anos polo que tiven que coller o coche para descubrir o resto".

Segundo explicou, escolleu un lugar no mapa, foi ata el e a visita terminou cun xantar a base de cocido sobre o que comezou a escribir.

"A partir de aí centreime na comida e encaixeina no retrato que quería facer dos galegos, pero baseándome nos pratos elaborados con carne das distintas partes do porco".

Ese primeiro cocido foi en compañía da súa familia e nun restaurante de pobo no que tiveron que convencer aos propietarios para que lles desen para comer sen facer reserva de mesa, o que serviu a Barlow para a súa iniciática viaxe polo carácter galego e a sua negatividade.

A visión da bandexa baleira ao terminar o ágape levou aos comensais a articular a frase "comín todo menos ou cuiñar" (en alusión ao son que emiten os porcos, semellante ao orneo).

A partir desa primeira experiencia, o libro debulla os diferentes encontros do autor con pratos de porco como a "cachucha" de Laza durante a celebración do luns "borralleiro", no tradicional entroido desta vila de Ourense.

"O truco da comida resultou ben para coñecer Galicia" agregou, e non só o territorio e a súa gastronomía senón tamén ás súas xentes das que Barlow fixo un retrato "cariñoso", segundo lle comentaron os seus primeiros lectores.

Polo camiño, dixo ter comido do porco "todo o que se pode comer" incluso os miolos, que conseguiu a través de "contactos" pois a súa venda non está autorizada.

Entre a vintena de apartados, o autor dixo gardar recordo especial dos dedicados ao municipio lucense de Negueira de Muñíz " máxico e descoñecido que amosa algo novo e diferente en cada lugar", agregou.

O libro ofrece un percorrido gastronómico pola cachucha prensada, o rabo do bar Orellas de Ourense, a orella, os chourizos, o cocido e outros ata "a derradeira tallada" da páxina 285 na que Barlow conclúe que Galicia resistiu os cambios bastante ben e a pesar de que xa hai restaurantes indios, árabes, xaponeses e outros,.

"Algo me di que o lacón con grelos vai tardar moito en pasar de moda e dentro dunha xeración, as fiestras das carnicerías aínda seguirán engalanadas con restras  de chourizos e algunha cachucha con gafas para facer chanza",conclúe.

A lectura está salpimentada cun breve percorrido histórico de Galicia e entrevistas a Manuel Fraga e a unha curmá de Fidel Castro que vive Láncara.

Comentarios