O mosteiro de San Clodio acollerá o xoves un seminario técnico dirixido a enólogos e técnicos vitivinícolas

Asesoría e Servizos Vitivinícolas MENASA S.L. organiza mañá xoves día 14 de maio,  a partir das 09:00 h. e ata as 17:00 h. un Seminario Técnico dirixido ás empresas vitivinícolas galegas, o evento desenvolverase no Mosteiro de San Clodio en Leiro (Ourense) e nel analizaranse os seguintes temas:

Código W: Normativa Europea relativa a métodos de avaliación de materiais –cartuchos filtrantes— en contacto con Alimentos no ámbito das Normas de Seguridade  Alimentaria.

OENOFLOW XL Sistema de filtración tangencial: Tecnoloxía de filtración tangencial Pall, sistema OENOFLOW XL para o abrillantado do viño, como a alternativa óptima á filtración por terras de diatomeas

CFLA: Criterios de filtración Lamothe Abiet; unha ferramenta para o control técnico e económico do proceso enológico.

NOMACORC: Xestión do osíxeno en adega.

Este Seminario é de carácter gratuíto para todos os profesionais e colaboran primeiras marcas internacionais como PALL, NOMACORC e LAMOTHE-NOVOZYMES

Comentarios