O Obradoiro pon á venda os abonos para a tempada

O Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto porá por fin os abonos á venda despois de que os afeccionados mostren moitas ganas de comezar a adquirilos.

A entidade compostelá presentará o xoves a súa campaña de abonados, para a que levan traballando durante meses, e explicará exactamente cando e como se adquirirán os pases para ver toda a fase regular da liga ACB no Fontes do Sar.

Tamén está previsto que se detalle que vantaxes terán os que adquiran accións, cuxo prezo estará ao redor dos 150 euros aínda que aínda non se confirmou, que, en principio, terán vantaxes ou descontos á hora de elixir as súas localidades.

Comentarios