O plan Renove das aceiteiras

Relleno de una aceitera con aceite de garrafa
photo_camera Relleno de una aceitera con aceite de garrafa

O aderezo das ensaladas estáselle complicando a algúns restaurantes de Lugo. A razón é que teñen que substituír as típicas aceiteiras recheables e os novos envases non sempre funcionan como sería desexable.

Está en marcha un plan Renove pero non é o do coche, nin o da lavadora. é, metaforicamente falando, o que sufrirán todas as aceiteiras recheables, que será obrigatorio a partir do próximo 1 de marzo. Un Real Decreto, publicado no BOE o pasado 16 de novembro, estipula que só se poderán ofrecer ao consumidor, en restaurantes e caterings, aceites en envases monodose ou en latas ou botellas non recheables e etiquetaxes. Esta medida comezará a aplicarse en España o 1 de marzo, a pesar de que xa entrou en vigor o día 1 deste mes.

«Isto supón un transtorno e un encarecemento do produto, tanto para os hosteleiros como para os clientes», afirma Cheché Real, o presidente da Asociación Provincial de Hostalería de Lugo.

Un dos restaurantes que xa eliminou as aceiteiras tradicionais é os Campos. Xa o viñan facendo desde hai meses, polo que apenas notaron a adaptación ao novo Real Decreto. O sistema permite ofrecer ao cliente un aceite en mellores condicións. Con todo, o gasto para o hostaleiro é superior que á vella usanza.

«O custo dun envase non recheable é catro ou cinco veces maior que se o aceite se comprase a granel e se serve nunha aceiteira tradicional», sinala Nicolás Vázquez, xerente do restaurante.

Nos Campos, hai dous tipos de aceiteiras non recheables: en lata de medio litro e en botellos dun cuarto. Calquera dos envases son cómodos para o cliente, segundo contan no restaurante.

«Das latas, extráese un pivote cara arriba que non che permite o enchido e as botellas funcionan cun dosificador», indica Nicolás Vázquez, que engade que o vinagre sérveno, desde hai tamén un tempo, nun envase tipo spray.

Peor sorte tivo o restaurante A Nosa Terra, que adquiriu varias aceiteiras non recheables, cun sistema de bóla no colo da botella similar ás que teñen algunhas con bebidas alcohólicas, e atopáronse con que o aceite non se deslizaba ben debido á densidade do líquido.

«O aceite pégase á bóliña que levan e, se a moves para que corra, salpica a xente que tes ao lado», explica Manolo López Río, propietario do local.

Por ese motivo, neste restaurante acabaron devolvendo os envases, que serán substituídos por outros novos en breve. «Este tipo de envase non valía pero nós estamos dacordo con esta normativa porque é máis hixiénico cas outras aceiteiras, porque nas outras había unhas limpas e outras non. Nalgunhas mesmo entraban os mosquitos!», afirma Manolo López.

Cuestións hixiénicas aparte, o obxectivo é evitar unha posible fraude sobre a calidade do aceite e, de paso, defender as denominacións de orixe protexidas. Isto non convence, de todos os xeitos, ao presidente dos hostaleiros. Cheché Real, quen asegura que o cliente ten padal e distingue perfectamente un aceite de oliva doutro que non o é.

Detrás do cambio está a UE, que prohibiu os envases rellenables en lugares públicos o que foi aproveitado polo Goberno para incluír esta medida dentro dun plan de loita, máis amplo, contra a fraude no aceite de oliva. A pesar da polémica, España non será o primeiro país da UE que cambiará as aceiteiras. Portugal e Italia levan xa a dianteira. No caso do país veciño, desde hai xa oito anos.

VINAGRE. De momento, poderase encher

Hai nova norma sobre os envases do aceite que se servirá nos restaurantes pero, en cambio, non hai ningunha que regule o embotellado do seu compañeiro de aderezo: o vinagre. «Cambiar as vinagreiras non tería sentido», atalla Cheché Real, o presidente lucense dos hostaleiros. é unha opinión, pero os mesmos argumentos do aceite poderían ser aplicados ao vinagre.

Comentarios