O pleno do CRDO Rías Baixas aproba o novo regulamento do consello regulador

O Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas aprobou por unanimidade o novo regulamento de funcionamento do Consello Regulador. Un novo regulamento que recolle unha serie de modificacións que o adaptan ao marco lexislativo actual (principalmente á OCM do viño, á Lei da Viña e o Viño e á Lei Galega de Promoción e Defensa da Calidade Agroalimentaria).

Unha modernización do regulamento do Consello Regulador, que o adapta máis á realidade actual do sector de Rías Baixas, e que foi remitido á Consellería do Medio Rural, onde será estudado pola Asesoría Xurídica antes da súa aprobación definitiva pola Xunta e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O CRDO Rías Baixas quere deixar constancia de que neste proceso non se aprobou ningún tipo de cambio a proposta única de ningunha asociación agraria, senón que todas as modificacións realizadas neste regulamento foron acordadas e propostas polos vogais do Pleno do Consello Regulador, nun exercicio de madurez do propio sector. Unhas modificacións que reflicten os diferentes sentires de todos os membros deste pleno.

Comentarios