O polbo ''á feira'', de moda en Madrid

Un dos pratos estrela da gastronomía galega, o mundialmente coñecido polbo ''á feira'' está cada vez máis presente nos menús  de bares e restaurantes da capital de España, un prato que cada vez se demanda con máis frecuencia.

Este exquisito prato galego pódese comer nos numerosos restaurantes galegos existentes en todas as cidades españolas. Pero onde máis se goza é nas númerosas feiras ou mercados que teñen lugar en Galicia. é típico ver ás ''pulpeiras'' coas súas enormes potas de cobre, cocendo polbos. Moitas persoas (ou case todas) achéganse ás feiras non a comprar senón a comer un bo prato de polbo con ''cachelos''. Acompañados de bos amigos ou a familia. Fundamental é acompañar o polbo ''á feira'' cun bo viño das diversas Denominacións de Orixe galegas e do son da gaita. Tamén se pode comer un polbo exquisito na comarca do Bierzo (León). é un dos seus pratos típicos.

Forma de preparar o polbo ''á feira'' en casa

Ponse unha pota ao lume con abundante auga e unha cebola pelada. Cando a auga estea a ferver mergúllase o polbo e sácase durante tres veces, ata que este rícese. A continuación déixase cocer durante 50 minutos. Na mesma auga e co polbo cocendo engádenselle as patacas cortadas en anacos grandes. Estas patacas coñécellas polo nome de cachelos "". Cócense durante os últimos 20 minutos.

Unha vez cocido sácase e se trocea cunhas tesoiras. Ponse os trocitos de polbo sobre un prato de madeira ou unha cazuela de barro, acompañados das patacas cocidas ou "cachelos".

A continuación se sazona todo con sal gordo, aceite de oliva virxe extra con Denominación de Orixe e con pemento doce ou picante. Non remover logo de sazonar.

Comentarios