O que queira caldo, máis de 6.000 cuncas en Mourente

Máis de 6.000 tazas de caldo e máis de 6.000 cazuelas de cocido. Mourente tirou este domingo a casa pola ventá para celebrar a maioría da idade da Festa do Caldo Galego, que xa cumpriu 18 anos. O bo tempo acompañou durante toda a xornada e foron miles as persoas que se achegaron ata a parroquia pontevedresa para participar nesta xornada gastronómica.

Durante a presentación, o presidente da Orde do Caldo, Antonio Reguera, anunciou que o caldo galego de Mourente, que xa estivo presente en numerosas localidades de España e Portugal para promocionar esta festa, estará este ano en restaurantes de Xapón.

En medio do son das gaitas, numerosos cofrades subiron ó escenario para escoitar o pregón de Julio Pereira, actor da serie ‘Libro de Familia’ que emite a TVG; entre os que estiveron o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; os vicepresidentes da Deputación Teresa Pedrosa e José Juan Durán, así como os cofrades da Orde do Caldo nomeados este ano.

Pregón
Asimesmo, O Castro de Mourente entregou un pergamiño ó empresario do ano da parroquia, Edelmiro González, director-xerente de Coserpont. Pola súa banda, o pregoeiro Julio Pereira, lembrou no seu discurso a súa infancia en Caracas, onde naceu, posto que os seus pais foron emigrantes. «Miña nai, cando facía caldo, adoitaba dicir: proba filliño, que este é o sabor de Galicia, o sabor da nosa terra».

Ademais, o progoeiro recoñeceu que «pode haber festas da empanada, da tortilla ou dos pementos, pero dificilmente podo pensar en un prato máis galego que o caldo»; e a pesar de que non sabe cociñalo, «ben sei comelo», dixo. o caldo, no super. A noticia da iniciativa empresarial de envasar e comercializar o caldo da parroquia foi o tema de conversación de moitos dos asistentes á festa. De feito, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, declarou que «é unha gran nova" e está desexando que o plato máis típico de Galicia estea disponible nos supermercados de todo o mundo.

Comentarios