''Chupa-chups'' de mar para que os nenos se chuchen os dedos co peixe

O Fondo de Regulación e Organización do Mercado dos Produtos da Pesca e Cultivos Mariños (FROM), premiou o recetario "Nove receitas de mar para os máis pequenos", editado pola conserveira viguesa "Pereira", que leva catro anos promocionando o consumo de peixe e marisco coa publicación de recetarios especiais.

Nun comunicado, a empresa informou do galardón obtido na cuarta edición da súa iniciativa e avanzou brevemente que xa traballa na quinta edición que incluirá un novo recetario destinado tamén aos nenos.

Receitas de peixe para nenos

As receitas premiadas polo FROM foron elaboradas por algúns dos restauradores galegos que integran o grupo "Nove", e inclúen produtos presentados e acompañados de forma orixinal e colorista para animar aos nenos a comer peixe e incentivar así o seu consumo para que de adultos saiban o que é unha dieta equilibrada.

Entre as elaboracións atópanse "chupa-chups" de luras, "bombas" de pescada, pescada con caramelo de tomate e outras con mexillóns e outros peixes.

Coas explicacións dos expertos, cen escolares e profesores de Vigo, Santiago e A Coruña, elaboraron os pratos, 1.500 persoas máis descargaron o recetario para polo en práctica desde 64 países diferentes e outras cinco mil adquiriron os exemplares que se distribuíron por tendas de toda España.

A empresa "Pereira"

A conserveira foi creada en 1987, está instalada en Vigo e conta con 130 traballadores .

En 2006 comezou coa súa campaña promocional do peixe baixo o título de "Cociña de a bordo", como forma de render homenaxe a mariñeiro e cociñeiros dos barcos e continuou, con variacións, nos anos seguintes.

Comentarios