O ribeiro Casal de Armán 2008 elixido o mellor branco de España

A revista 'Vivir o viño' elixiu o viño da Denominación de Orixe Ribeiro, Casal de Armán 2008, como o mellor de España na categoría de branco.

O grupo 'Vivir o viño' realiza a guía '365 viños ao ano 2010' e, posteriormente, selecciona o mellor viño de cada categoría (cava, branco, branco barrica, rosado, tinto carballo, tinto, doce, xeneroso e mellor adega, adegueiro e zona). Estes premios son os denominados os 11 Magníficos 2010 da Guía.

A revista buscou os grandes viños do ano 2010 na cata final dos 11 Magníficos da guía 365 Viños do ano 2010. Nesta ocasión, José Manuel Pérez, Toni Pérez, Agustín Santolaya, Mariano García, Adolfo Fornos e Jean François Hérvad, todos eles adegueiros de diferentes zonas, foron os encargados de puntuar nunha cata a cegas o traballo doutros adegueiros e premiar os mellores en cada unha da categoría.

A presentación e entrega destes premios celebrarase en xaneiro de 2010 en Madrid.

Comentarios