O Salón Galego de Gastronomía e Turismo lanza un paquete turístico para o Ano Santo

Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo, lanza na súa undécima edición un paquete para visitar Galicia coincidindo coa celebración desta cita, entre o 3 e o 7 de marzo, e co Ano Santo.

A oferta turística inclúe a estancia dunha noite na cidade de Ourense nun hotel de catro estrelas e a entrada a Xantar, con comida ou cea no restaurante Xacobeo. O prezo é de 75 euros por persoa no caso dos adultos, e de 18 euros para nenos entre 3 e 12 anos.

Con esta iniciativa, este evento que atrae cada ano a unha media de 20.000 visitantes --un 15 por cento de fóra da comunidade-- pretende dar un paso máis na captación de público da Península.

Segundo explicou a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, o salón é un evento "singular" a nivel español, que reúne as condicións necesarias para se converter nun motivo máis para visitar Galicia.

Comentarios