O soño do restaurante Suso é real

Restaurante Suso - Castro de Reibeiras de Lea

«O soño de Manuel María». Así se chama o novo comedor do restaurante Suso, de Castro Ribeiras de Lea. A frase non se refire ao ilustre poeta chairego, senón aos nomes dos propietarios deste local hostaleiro, que ven feito realidade un soño. Remocicaron as instalacións para crear un novo espazo ao seu gusto, feito en pedra e madeira, na parte posterior do inmoble. Este comedor, de coidado estilo rústico, destaca pola súa amplitude e a comodidade das súas mesas. Non faltan tampouco destalles únicos, como a auga que mana continuamente do pozo que tiña a leira e que agora está situado nun dos extremos do local.

No medio dos dous comedores do negocio atópase recentemente estreada cociña, cunha inmensa grella, ideal para preparar as carnes e peixes. Alén construíron un forno de leña, moi apropiado para preparar o cordeiro e as empanadas.

Aínda que foi fundado fai 62 anos e leva medio século na súa actual localización, xunto á carballeira de Castro, o restaurante Suso abre unha ilusionante etapa, pero con moita sabedoría acumulada ás súas costas. Os callos, que se serven os mércores de feira e cuxa elaboración constitúe unha tradición que pasou de pais a fillos, é un dos pratos clásicos deste local, xunto ao cordeiro asado. Os mércores haberá, ademais, unha pulpeira, coincidindo coa xornada de feira, na que tamén se degusta o cefalópodo na carballeira contigua.

PEIXES

A carta diaria do local depáranos outras propostas exquisitas, como a pescada á cazuela, acompañada de ameixas e gambas; o bacallau á biscaíña, feito sobre un leito de patacas panadeiras e con guarnición de pementos vermellos e verdes; o rape en sala de ameixas ou o rodaballo ao forno. As anguías chaman a atención pola súa lograda fritura.

A incorporación ao persoal dun cociñeiro especializado reforzará a proposta de carnes á brasa. Javier Freire sabe darlle un punto único ao churrasco, que será un dos pratos estrela xunto co chuletón e o entrecot de boi. Tamén se servirá esta carne á pedra, coa opción de que o comensal o prepare ao seu gusto na propia mesa.

Entre os entrantes destacan as ameixas á mariñeira, as zamburiñas, as navallas ou os cogomelos á prancha.

Este restaurante ofrece varias tortas caseiras, entre as que destacan as de café, piña, queixo e tiramisú.

A carta de viños inclúe caldos do país, tanto de Ribeira Sacra como albariño, cuns interesantes colleiteiros de ambas as procedencias. Completan a oferta recoñecidas marcas de Ribeira do Douro e Rioxa.

O Suso conta cunha ampla terraza ao aire libre fronte á carballeira, ben acondicionada, o que a converte nun lugar ideal para tomar café ou unha cervexa entre xuño e setembro.

GUÍA PRÁCTICA

Como chegar

O restaurante Suso atópase nas proximidades da carballeira situada á beira do campo da feriade Castro. A súa dirección é Praza de Galicia, número 7.

Reservas

Para reservar mesa pódese chamar ao número 982.310037.

Saber máis
www.restaurantesuso.com

Comentarios